Ola a todos e benvidos ao curso 2017/2018!
Neste blog atoparedes noticias, fotos, actividades e un montón de cousas que irán sucedendo durante o curso.
Desexamos que vos guste e que o disfrutedes!
Este domingo 22 de outubro celebramos a Xornada Mundial das Misións, e por iso durante toda esta semana estivemos traballando sobre os misioneros, a súa labor no mundo e de que maneira podemos nós tamén entregarnos aos demais. Decidámonos a ser valentes, a misión agarda por nós!
Estes días tivemos a gran sorte de ter entre nós a compañeiros/as do programa Erasmus+ procedentes de Bulgaria e da República Checa.
Con eles coñecemos outros costumes, practicamos moito inglés e ensinámoslles a nosa bonita cidade.
Agora xa nos tocou despedirnos deles, pero esperamos que nos volvan visitar e que teñan unha boa viaxe de regreso a casa.
Foi unha experiencia inolvidable! SEE YOU SOON!
Os alumnos/as de 5º tivemos hoxe unha agradable xornada de convivenvia para coñecernos mellor e plantar unha semilla que iremos regando ao longo do curso.
Hoxe tivemos a inauguración oficial do curso 2017/2018. Foi un acto moi bonito, no que todos xuntos demos comezo a esta "viaxe" tan emocionante.
Ademais, compartimos a celebración cuns invitados moi especiais: os nosos compañeiros do programa Erasmus+ que estes días nos acompañan.
¡Ata rematamos bailando todos xuntos!
...Are you ready for our new Social Science project? It's about martians, rockets, spacemen and spacewomen, Darth Vader and more characters and experiences.
Benvidos a este novo curso 2017-2018. Esperamos que sexa un bo curso para todos!
Aquí podedes ver uns vídeos sobre o que fixemos estes primeiros días nas xornadas de acollida e sobre como traballamos o obxectivo deste ano "Decídete".
Aproveitando que é o último día de clase, fixemos as actuacións que quedaran pendientes do Spring Festival.
Tamén se entregaron os diplomas aos participantes na obra de teatro "O ESPANTALLO AMIGO" que se representou no teatro do Colexio Calvo Sotelo.