Fixemos unha exposición dos traballos que se van presentar a xornada de "Ciencia na rúa", que será o sábado 6 de maio, no Parque de Santa Margarida.
Viñeron ver a exposición todos os alumnos de 1º a 5º de EP.
FOI UN ÉXITO ABSOLUTO!!!
Ola a todos e benvidos ao curso 2017/2018! Neste blog atoparedes noticias, fotos, actividades e un montón de cousas que irán sucedendo durante o curso. Desexamos que vos guste e que o disfrutedes!
venres, 28 de abril de 2017
mércores, 26 de abril de 2017
TALLER DE BLOG - 6º C
Este mércores, 26 de abril de 2017, acompañounos na nosa clase Nacho de la Fuente, periodista de La Voz de Galicia.
Veu a darnos un taller sobre blogs e contounos que todo o que tecleas é público. Vimos os riscos que supón o uso de moitas redes sociais e tomamos conciencia de como debemos de usar as novas tecnoloxías tan presentes na nosa vida.
Debido a grande influencia que ten todo o relacionado coa tecnoloxía no noso día a día, todos os consellos dados na clase de hoxe, son de grande axuda para nós.
Moitas grazas Nacho pola túa dedicación e axuda!!!
martes, 25 de abril de 2017
SEMANA DO LIBRO
Ao longo desta semana, en 5º e 6º, estamos facendo diferentes actividades relacionadas co Día do Libro.
LER E VIVIR MOITAS AVENTURAS!!!
LER E VIVIR MOITAS AVENTURAS!!!
luns, 24 de abril de 2017
venres, 21 de abril de 2017
xoves, 20 de abril de 2017
VISITA Á POLICIA - 6º C
Os alumnos de 6º C atopáronse cunha policía moi especial. Chámase Mía. O seu adestrador mostrounos de que maneira traballa esta simpática policía.
mércores, 19 de abril de 2017
PROXECTO 5º: "VIAXAMOS POR EUROPA"
Acabamos de facer os spot publicitarios para promocionar os correspondentes paises.
LÁSTIMA QUE NON OS POIDAN VER OS SEUS DIRIXENTES!!!
LÁSTIMA QUE NON OS POIDAN VER OS SEUS DIRIXENTES!!!
martes, 18 de abril de 2017
VISITA Á POLICÍA - 6º A
luns, 17 de abril de 2017
xoves, 6 de abril de 2017
XORNADA SOLIDARIA
Celebramos coma todos os anos a Xornada Solidaria.
Entre outras actividades destacamos o Bocata e a obra de teatro que realizaron unha selección de profesores do centro.
GRANDÍSIMOS ACTORES E ACTRICES!!!
LAPIS DECORADOS
Os alumnos de 5º en colaboración cos de Infantil decoramos uns lapis dentro do Proxecto Solidario que estamos a desenrolar no noso colexio.
Baixamos as aulas de Infantil e coa axuda dos seus alumnos/as fixemos unhas verdadeiras obras maestras.
GRAN COLABORACIÓN!!!
mércores, 5 de abril de 2017
PROXECTO 5º: "VIAXAMOS POR EUROPA"
Elaboramos vídeos promocionais sobre o país que nos tocou.
BO TRABALLO!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)