Ola a todos e benvidos ao curso 2017/2018!
Neste blog atoparedes noticias, fotos, actividades e un montón de cousas que irán sucedendo durante o curso.
Desexamos que vos guste e que o disfrutedes!
Este domingo 22 de outubro celebramos a Xornada Mundial das Misións, e por iso durante toda esta semana estivemos traballando sobre os misioneros, a súa labor no mundo e de que maneira podemos nós tamén entregarnos aos demais. Decidámonos a ser valentes, a misión agarda por nós!