domingo, 22 de outubro de 2017

Semana do Domund

Este domingo 22 de outubro celebramos a Xornada Mundial das Misións, e por iso durante toda esta semana estivemos traballando sobre os misioneros, a súa labor no mundo e de que maneira podemos nós tamén entregarnos aos demais. 
Decidámonos a ser valentes, a misión agarda por nós!


venres, 13 de outubro de 2017

Concerto en 5ºD

Hoxe tivemos na clase de Música de 5°D  un sensacional concerto de saxofón que Gabriel Nemiña Fernández ofreceu aos seus compañeiros. 
Con tres anos no conservatorio, Gabriel toca o saxofón con moita soltura e ritmo. Mostrou un gran coñecemento musical e deunos unha clase maxistral.

Moitas grazas Gabriel!!!



xoves, 28 de setembro de 2017

ERASMUS+

Estes días tivemos a gran sorte de ter entre nós a compañeiros/as do programa Erasmus+ procedentes de Bulgaria e da República Checa.
Con eles coñecemos outros costumes, practicamos moito inglés e ensinámoslles a nosa bonita cidade.
Agora xa nos tocou despedirnos deles, pero esperamos que nos volvan visitar e que teñan unha boa viaxe de regreso a casa.
Foi unha experiencia inolvidable! SEE YOU SOON!

  
             

mércores, 27 de setembro de 2017

Convivencia 5º

Os alumnos/as de 5º tivemos hoxe unha agradable xornada de convivenvia para coñecernos mellor e plantar unha semilla que iremos regando ao longo do curso. 

luns, 25 de setembro de 2017

CELEBRACIÓN INICIO DE CURSO


Hoxe tivemos a inauguración oficial do curso 2017/2018. Foi un acto moi bonito, no que todos xuntos demos comezo a esta "viaxe" tan emocionante.
Ademais, compartimos a celebración cuns invitados moi especiais: os nosos compañeiros do programa Erasmus+ que estes días nos acompañan.
¡Ata rematamos bailando todos xuntos!







martes, 19 de setembro de 2017

3, 2, 1...

...Are you ready for our new Social Science project? It's about martians, rockets, spacemen and spacewomen, Darth Vader and more characters and experiences. 

Let's see what happens in our final countdown!



xoves, 14 de setembro de 2017

COMEZAMOS!


Benvidos a este novo curso 2017-2018. Esperamos que sexa un bo curso para todos!
Aquí podedes ver uns vídeos sobre o que fixemos estes primeiros días nas xornadas de acollida e sobre como traballamos o obxectivo deste ano "Decídete".

Feliz curso!!