xoves, 26 de xaneiro de 2017

FESTA FIN DE PROXECTO 5º

Hoxe pola tarde fixemos unhas danzas e lemos uns manifestos, de cada un dos castros do noso mundo celta.

XORNADA DE CONVIVENCIA CELTA!!!

DANZA DA CHUVIA - CASTRO A

DANZA DA GUERRA - CASTRO B

DANZA DA AGRICULTURA - CASTRO C

DANZA DO UNIVERSO - CASTRO D

mércores, 25 de xaneiro de 2017

PROXECTO OS CELTAS - 5º A e C

Na parte final do proxecto fixemos unha rutina de pensamento: "Antes pensaba, agora penso" e unha oración celta para que nos protexa.




luns, 23 de xaneiro de 2017

PROXECTO OS CELTAS - 5º B e D

Na parte final do proxecto fixemos unha rutina de pensamento: "Antes pensaba, agora penso" e unha oración celta para que nos protexa.









venres, 20 de xaneiro de 2017

PROXECTO 6º: "UNHA HISTORIA POR INVESTIGAR"

Os alumnos de 6º C e D dedicaron a mañá de hoxe a traballar no proxecto deste 2º trimestre. Estará adicado aos inventores.

EMPEZAMOS CON MOITO ÁNIMO!!!





xoves, 19 de xaneiro de 2017

INVERNO

Estamos en plena estación invernal e a decoración dos nosos pasillos está acorde con estas datas.

QUE FRÍO!!!


mércores, 18 de xaneiro de 2017

SAÍDA AO CASTRO DE ELVIÑA - 5º A e C

Hoxe foi o turno dos outros dous grupos de 5º para realizar a saída, dentro do Proxecto que estamos a realizar sobre "Os celtas".
Tivemos bo tempo, aínda que con moito frío.

MAÑÁ BEN APROVEITADA!!!









luns, 16 de xaneiro de 2017

SAÍDA AO CASTRO DE ELVIÑA 5º B e D

No día de hoxe os alumnos e alumnas de 5° D e 5°B fixeron unha saída ao Castro de Elviña como parte do proxecto.
Alí viron de preto o traballo dos arqueólogos e puideron coñecer máis profundamente a forma de vida dos nosos antepasados. Viron xoias, pozos e moitas vivendas antigas. Todo elo explicado moi claramente polas dúas guías.
O próximo mércores é o turno de 5° A e C.








venres, 13 de xaneiro de 2017

LEMBRANZA DOS REIS MAGOS

O venres a última hora fixemos una lembranza das últimas festas, adicando o Plan Lector ao xogo. Con isto lembramos aos Reis Magos que hai pouco tempo que nos viñeron ver.

BONITA TARDE!!!










xoves, 12 de xaneiro de 2017

BÁDMINTON

Os nenos e nenas de 5° comezaron este trimestre coa práctica do Bádminton nas clases de P.E.
Encántalles e cada día demostran moito máis as súas habilidades para este deporte.

DÁDELLE FORTE CAMPIÓNS!!!