venres, 28 de abril de 2017

EXPOSICIÓN "CIENCIA NA RÚA"

Fixemos unha exposición dos traballos que se van presentar a xornada de "Ciencia na rúa", que será o sábado 6 de maio, no Parque de Santa Margarida.
Viñeron ver a exposición todos os alumnos de 1º a 5º de EP.

FOI UN ÉXITO ABSOLUTO!!!







mércores, 26 de abril de 2017

TALLER DE BLOG - 6º C

Este mércores, 26 de abril de 2017, acompañounos na nosa clase Nacho de la Fuente, periodista de La Voz de Galicia.
Veu a darnos un taller sobre blogs e contounos que todo o que tecleas é público. Vimos os riscos que supón o uso de moitas redes sociais e tomamos conciencia de como debemos de usar as novas tecnoloxías tan presentes na nosa vida.
Debido a grande influencia que ten todo o relacionado coa tecnoloxía no noso día a día, todos os consellos dados na clase de hoxe, son de grande axuda para nós.
Moitas grazas Nacho pola túa dedicación e axuda!!!

martes, 25 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO

Ao longo desta semana, en 5º e 6º, estamos facendo diferentes actividades relacionadas co Día do Libro.

LER E VIVIR MOITAS AVENTURAS!!!



luns, 24 de abril de 2017

xoves, 20 de abril de 2017

VISITA Á POLICIA - 6º C

Os alumnos de 6º C atopáronse cunha policía moi especial. Chámase Mía. O seu adestrador mostrounos de que maneira traballa esta simpática policía.





mércores, 19 de abril de 2017

martes, 18 de abril de 2017

VISITA Á POLICÍA - 6º A

Os alumnos de 6º A fixemos unha visita as instalacións da comisaría de policía de Lonzas.

MOI INTERESANTE!!!





xoves, 6 de abril de 2017

XORNADA SOLIDARIA

Celebramos coma todos os anos a Xornada Solidaria.
Entre outras actividades destacamos o Bocata e a obra de teatro que realizaron unha selección de profesores do centro.

GRANDÍSIMOS ACTORES E ACTRICES!!!






LAPIS DECORADOS


Os alumnos de 5º en colaboración cos de Infantil decoramos uns lapis dentro do Proxecto Solidario que estamos a desenrolar no noso colexio.
Baixamos as aulas de Infantil e coa axuda dos seus alumnos/as fixemos unhas verdadeiras obras maestras.

GRAN COLABORACIÓN!!!









mércores, 5 de abril de 2017

PROXECTO 5º: "VIAXAMOS POR EUROPA"

Acabamos as expresións orais pendentes sobre as recetas gastronómicas.
Elaboramos vídeos promocionais sobre o país que nos tocou.

BO TRABALLO!!!