luns, 30 de novembro de 2015

XORNADA DE DEPORTE INCLUSIVO

Hoxe os alumnos de 6º tiveron a ocasión de disfrutar dunha xornada de deporte inclusivo a través da fundación Enki e o seu proxecto.
Coñeceron a varios dos seus membros entre os que se atopaba Àngel López Fernàndez, sen dúbida un exemplo de superación.
Viviron dunha forma moi especial e emotiva o día a día dunha persoa discapacitada que compite en triatlón. Practicaron, charlaron e divertíronse con el.
Gracias a Enki!








venres, 27 de novembro de 2015

DÍA DO MESTRE

Con estes corazóns queremos facer unha sinxela homenaxe a todos os nosos mestres.

LEMBRAMOS CON AGARIMO AS VOSAS ENSINANZAS!!!





mércores, 25 de novembro de 2015

Recollida de datos para diagnosticar a convivencia escolar

Hoxe os alumnos de 5º e 6º cubriron unha enquisa da Xunta de Galicia para diagnosticar a convivencia escolar.





PROXECTO 6º

Seguimos avanzando no coñecemento da nosa heroína máis famosa: María Pita.
Ben merece que recoñezamos o seu valor e a súa determinación contra os ingleses.

VIVA MARÍA PITA!!!








venres, 20 de novembro de 2015

mércores, 18 de novembro de 2015

PROXECTO 6º

Seguimos avanzando no traballo coa elaboración dunha liña do tempo sobre os eventos máis importantes da nosa cidade. Tamén comezamos a elaboración dunha presentación dixital.
SEGUIMOS ILUSIONADOS COA TAREFA!!!






luns, 16 de novembro de 2015

REZANDO POLA PAZ

Este luns quixemos rendir unha pequena homenaxe a todas as 
víctimas do terrorismo. Gardamos un minuto de silencio e
rezamos por todas as súas familias.
Descansen en Paz!!!
 


 

venres, 13 de novembro de 2015

QUIMIONS

Este xoves tivemos o último taller, grazas pola vosa solidariedade!! Logramos máis de 120 e seguimos sumando grazas á colaboración das familias.



PROXECTO 5º

Seguimos traballando sobre os nosos antergos. Mandámoslle unha carta a un amigo noso que vive nun castro, fixemos unha expresión oral, ....
PASOU A MAÑÁ RAPIDAMENTE!!!









mércores, 11 de novembro de 2015

PROXECTO 6º - MARÍA PITA

María Pita, unha heroína da Idade Moderna é o proxecto de 6º para este trimestre. Coñecer e valorar os feitos importantes da nosa historia é algo fundamental para medrar como persoas.