luns, 29 de febreiro de 2016

MERCADILLO SOLIDARIO

Moitas grazas a todos por todo o material recollido.
A venta para 5º e 6º será na semana do 14 ao 18 de marzo.

IDE AFORRANDO, HAI COUSAS PRECIOSAS!!!





venres, 26 de febreiro de 2016

PROXECTO 5º - EUROPA

Hoxe tocou traballar sobre un monumento importante do país correspondente. Fixemos descripcións, películas,... e moitas máis actividades.









mércores, 24 de febreiro de 2016

PROXECTO 6º - UNHA MÁQUINA CON VIDA

Dedicámonos ao aparato respiratorio, creando un grupo de expertos.
Vimos o funcionamento dos pulmóns e o diafragma construíndo unha botella que respira.

MOI INTERESANTE!!!






PROXECTO SOLIDARIO

Os alumnos de 6º explicaron por todas as aulas do noso colexio o proxecto solidario. Este ano a recaudación irá destinada ao comedor do colexio "Virgen de la Paz" en Piedras Redondas (Almería)
O proxecto vai destinado a conseguir que 90 nenos/as, de familias sen recursos económicos teñan garantida unha comida digna ao día.

HABERA MERCADILLO, BOCATA SOLIDARIO E MOITAS MÁIS COUSAS!!!









luns, 22 de febreiro de 2016

MERCADILLO SOLIDARIO

Estamos recibindo moitos obxectos para o mercadillo solidario. Cantos máis consigamos aportar, mellor.

MOITAS GRAZAS A TODOS OS COLABORADORES!!!



venres, 19 de febreiro de 2016

VISITA Á CAPELA 6º

Baixamos á capela a facer unha pequena reflexión encadrada no tempo litúrxico da coresma.





PROXECTO 5º - VIAXANDO POR EUROPA

Hoxe fixemos a exposición dos traballos realizados o outro día. Ademais elaboramos receitas típicas dos diferentes países, calculando o seu custe aproximado.

MAÑÁ GASTRONÓMICA!!!







mércores, 17 de febreiro de 2016

VISITA AO COLEXIO MARISTA

Os alumnos de 6º fixemos unha visita, a que para moitos de nós, vai a ser a nosa casa nos vindeiros anos.
Unha primeira toma de contacto, para que cando cheguemos en setembro, non nos perdamos.

INTERESANTE!!!





EXPO CORUÑA - COPA DO REI DE BALONCESTO

Os alumnos de 5º fixemos esta mañá unha saída moi entretida.
Foi a EXPO CORUÑA, onde participamos en moitas actividades organizadas pola ACB co gallo da celebración na nosa cidade da fase final da Copa do Rei.

MOI  INTERESANTE!!!










venres, 12 de febreiro de 2016

PROXECTO 5º

Seguimos a viaxar por Europa coñecendo a súa xeografía, os idiomas que se falan, o clima de cada país, a gastronomía e moitas máis cousas.

ESPECTACULAR VIAXE!!!