mércores, 31 de maio de 2017

BAILES

Durante toda a tarde, no patio central do colexio, representáronse os bailes que ensaiaron durante meses todos los nenos de 1º a 6º de primaria.
A afluencia de público foi espectacular, así como o entusiasmo demostrado.
Ao final houbo unha sorpresa por parte dos pais e nais de alumnos de 6º, e tamén dos profesores, que bailaron conxuntamente cos alumnos.

UNHA TARDE MARABILLOSA!!!







luns, 29 de maio de 2017

OBRA DE TEATRO EN CALVO SOTELO

Alumnos de 6º representaron no colexio Calvo Sotelo a obra de teatro de X. Neira Vilas, "Espantallo amigo" dentro do:

XX CERTAMEN DE TEATRO
ESCOLAR Y AFICIONADO 2017
Promociona y patrocina: Excma. Diputación Provincial de A Coruña
Organiza: Grupo de teatro “Candilejas Don Bosco” (Centro Calvo Sotelo)



UN ÉXITO!!!







ENSAIOS BAILES

Os alumnos de 5º e 6º fixeron un ensaio xeral dos bailes.
A actuación sera o vindeiro mércores, 31 de maio, pola tarde.

ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!





venres, 26 de maio de 2017

TEATRO 6º

Os alumnos/as de 6º fixeron o último ensaio xeral da súa obra de teatro. Representárona para todos os nenos de 4º, 5º e 6º no Salón de Actos.
O próximo luns, as oito da tarde, representarán a suá obra no Colexio Calvo Sotelo.

MOITA SORTE!!!





luns, 22 de maio de 2017

BATUKADA

Durante todo o día estiveron connosco o grupo de Batuka "Trópico de Grelos". Os alumnos de 5º participaron dos seus concertos e tiveron a oportunidade de tocar con eles.

UNS PROFESIONAIS!!!




domingo, 21 de maio de 2017

PEQUEOLIMPIADAS

Alumnos voluntarios de 5º participaron na organización e desenvolvemento da Pequeolimpiada.

PARABENS POLA SÚA LABOR





venres, 19 de maio de 2017

REBUMBIO MATEMÁTICO - 6º

Noraboa ao equipo de 6º A que participou na fase final do Rebumbio Matemático. Nesta fase participaron os quince mellores equipos de Galicia. Despois da proba os participantes disfrutaron dun estupendo xantar e unha visita á Casa dos Peixes.

BONITA EXPERIENCIA!!!






VISITA Á CAPELA - 5º

No mes de maio, mes de María e da Nai Cándida, fomos a visitalas á capela do colexio.

VIVAN MARÍA E CÁNDIDA MARÍA DE XESÚS!!!