sábado, 26 de abril de 2014

COLOQUIO CON AN ALFAYA

Os nenos do 3º ciclo disfrutamos dunha amena conversa con esta escritora que participa este ano no Premio Frei Martín Sarmiento, do cal moitos de nós formamos parte do xurado.
O seu libro "O recendo das clementinas" tamén o estamos utilizando no plan lector de 6º.





venres, 25 de abril de 2014

XIV REBUMBIO MATEMÁTICO

Intentando reverdecer éxitos pasados. Hai tres anos un equipo noso foi CAMPIÓN GALEGO. Porqué non repetilo este ano?
Aí están os nosos representantes nesta edición:


6º A "Calculadoras humanas"

6º B "Factores B"

6º C "Os Cubik"

6º D  "Os Matetix"

xoves, 24 de abril de 2014

NA PROCURA DO NORTE

Esta tarde os nenos de 6° traballamos de forma cooperativa para orientarnos gracias ao sol. Marcamos a liña da nosa sombra, calculamos a desviación pola hora e marcamos os puntos cardinais. Ao final fixemos unha rosa dos ventos.
Aprendemos moitas cousas e divertímonos moito.










mércores, 23 de abril de 2014