domingo, 22 de outubro de 2017

Semana do Domund

Este domingo 22 de outubro celebramos a Xornada Mundial das Misións, e por iso durante toda esta semana estivemos traballando sobre os misioneros, a súa labor no mundo e de que maneira podemos nós tamén entregarnos aos demais. 
Decidámonos a ser valentes, a misión agarda por nós!


venres, 13 de outubro de 2017

Concerto en 5ºD

Hoxe tivemos na clase de Música de 5°D  un sensacional concerto de saxofón que Gabriel Nemiña Fernández ofreceu aos seus compañeiros. 
Con tres anos no conservatorio, Gabriel toca o saxofón con moita soltura e ritmo. Mostrou un gran coñecemento musical e deunos unha clase maxistral.

Moitas grazas Gabriel!!!