mércores, 26 de abril de 2017

TALLER DE BLOG - 6º C

Este mércores, 26 de abril de 2017, acompañounos na nosa clase Nacho de la Fuente, periodista de La Voz de Galicia.
Veu a darnos un taller sobre blogs e contounos que todo o que tecleas é público. Vimos os riscos que supón o uso de moitas redes sociais e tomamos conciencia de como debemos de usar as novas tecnoloxías tan presentes na nosa vida.
Debido a grande influencia que ten todo o relacionado coa tecnoloxía no noso día a día, todos os consellos dados na clase de hoxe, son de grande axuda para nós.
Moitas grazas Nacho pola túa dedicación e axuda!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario